Hoxe quero atopa-lo lugar onde te agochas
gustaríame atoparte entre nubes e globos
alí onde a inocencia quedou perdida
gozar da túa ledicia, esquecer os teus choros
Prometín lembrarte sempre
mais os teus bicos alónxanse entre os beizos do tempo
Aló onde as promesas comezan a cumprirse
non somos mais que xoguetes do vento
Sombras do recordo nos perseguen
segredos e mentiras nos ateigan
eles sempre gañan, eles sempre menten
mais nós non somos nada
unha nota
unha palabra
unnha cor: verde
Verde, sempre verde. Como os teus ollos
cos que me miras, nos que me acollo
Verde como a esperanza que non teño
verde como os campos nos que mirábamo-lo ceo.
Hoxe que non podo
hoxe que o mundo me agota
quero atopa-lo lugar onde te agochas

No hay comentarios:
Publicar un comentario